21/3/20

CHARLAS VÍRICAS #1: O LEO DE MATAMÁ

O Leo de Matamá, músico e teletraballador

como estás levando a corentena?

pois sorprendentemente ben, a verdade. o meu eu sociópata, que hai xa tempo que está desprazando o meu eu social, non topa case a diferenza. se cadra non volvo/e

onde a estás pasando?

na casa en compostela, no barrio de san lázaro

nós tamén resucitaremos ou isto vai a acabar malamente?

preocúpame e cabréame e faime maliciar o que ten de cámara de gas planetaria selectiva. o resultado é moi nazi, e determinadas actitudes que vexo en determinada xente a respecto do virus, de todo tipo, tamén

cando foi a última vez que saíches da casa?

o venres, para ir traballar

para "teletraballar dende o traballo"?

hahaha si, iso pretendían ao principio. pero vaia, tiveron que dar marcha atrás enseguida. o venres en principio era para lles dar tempo ás familias a se organizar e luns xa non nos obrigaron a ir choiar en diferido directo




pero segues choiando, como o vas levando?

mira, tiña un lote de 50 exames de 2.º de bach cunha media de 3 folios cada un, o que nos dan 300 páxinas. Tiven que corrixir un libro de 300 páxinas, póndolle nota a cada unha delas varias veces, enviar por correo-e esas cualificacións, resolver dúbidas, pór traballo para estes dous cursos telematicamente e para os outros catro que teño da eso, armar un documento de libros en galego que se poidan ler en liña para as lecturas voluntarias, que acabo de rematar, e centralizar a actividade na miña titoría de 4.º eso, o que implicou reunir os correos-e de todxs xs nais/pais/titorxs, recompilar o medio telemático de funcionar de cada un/ha dxs 20 profes da miña titoría, elaborar un documento e enviarllo a cada alumnx e nai/pai/titora selectivamente (por materias optativas) por mor da lei de protección de datos, logo de chamar unha por unha a cada casa para avisar do procedemento e pedir e contrastar enderezos de correo

mimá, agobieime xa na tercera liña

mentres recibo xa os primeiros traballos encargados e preparo xs dos seguintes días lectivos. póñoo así porque é exactamente o que estiven a facer. xusto aghora acabei até as 7 ou así

que tes ás 7? máis choio?

recoller as suxestións á listaxe de libros que me fagan e subila á plataforma virtual. púxena en face e mandeilla ás compis de departamento

non paras

elas tamén están choiando a tope, compartíndomos material e cousiñas. son marabillosxs

íache preguntar se estás recuperando algunha vella afección ou empezando con algunha nova que sempre quixeches facer pero nunca tiveches tempo, pero xa imaxino que non...

até hoxe non. poño cousas nas rrss para peña que si se poida agobiar, porque é fastidiado estar man sobre man nunha situación así. eu soño con ter tempo para preparar os exames da eoi do c1 de inglés e francés, pero xa dende antes da corentena. e vou tocando algo a guitarra nos descansos. a ver se mañá me podo pór a ordenar o local de ensaio e o de gravación

estás aproveitando para gravar/compoñer algo?

gravar non, imposible. compor si, acabei unha adaptación dun poema moi guai de afonso x o sabio “Nom me posso pagar tanto...” unha marabilla: un rei desexando cambiar de choio ;) hehehe... pero xa a tiña pensada antes do coroavirus (non confundir co coronavirus)

tes algún problema coa corona?

todos

por que non podes gravar? por tempo?

porque o estudio caseiro está ocupado por apuntamentos, cartafoles con exames e libros; vaia, desordenado. e por tempo, si

e mira unha cousa, O Leo de Matamá, Arremecaghona, En Riquiño… Como están levando os teus heterónimos a situación? Estades tendo algún problema de convivencia?

hahahaha. movida

igual sodes moitos para estar confinados, non sei

movida esta pregunta, cabrón; vas aí aí a doer, que cabrón sensacionalista

pois o arremecághona está encerrado no local de ensaio, dando cabezazos contra todo (o que el entende por ensaiar, vamos) porque está desexando cuspirse por riba en okupas petadas de xente e darse bicos e abrazos suorosos con todo tipo de punkis

o leo de matamá ben, toca a guitarra mentres non estou choiando e acaba temas

o enriquinho, acoghonao no faiado

vanse reunir pra facer un concerto online?

francamente, non o creo posible. por respectar as medidas de confinamento, digo. quero dicir que non nos vemos pra non espallar o virus

alégrame que sexades responsables... sobre todo despois de ler o do cuspe do arremecághona

efectivamente: cóspese e logho vénche dar unha aperta todo riquiño o cabrón


(o arremecághona espallando amor e virus)

e algún concerto online dalǵun deles en solitario?

algo hai. algo estamos tramando, si. pero d'o leo de matamá. e cos 3pés

os 3pés cada un na súa casa?

si. para o d'o leo teño que limpar o estudio antes

sempre hai algo aí que nos ten secuestradxs

gran frase, meu

"non che hai máis para onde ir / sempre acabamos por vivir / nunha prisión"

que é o primeiro que vas facer cando isto remate?

organizarme para poder seguir teletraballando

non, é broma (ma non troppo)

intentar que esta experiencia de decrecemento nos faga reflexionar sobre o que é realmente importante, acabar co feudalismo no século xxi e querer e coidar máis xs meus/miñas semellantes

como autor do libro Hai cu, tes algunha explicación para o que está pasando co papel do ídem?

Hahahahaha

de todo o que hai no súper, é o que máis ocupa e menos pesa ao mesmo tempo. cheghei a esa conclusión onte. non me preghuntes como

ten sentido
e xa para rematar

unha canción para o encerro

I shall be released, de Dylan
Acompáñame e dáme forzas dende antes do confinamento, insisto

Aquí, por Jeff Buckley:




o teu meme favorito da cuarentena

Hostia, meme un que me ensinou a Belén o outro día, que me escoghonei. Non tiña que ver co coronavirus (ou si) hahaha pero é que é a hostia hahaha. inda me descoghono aghora:



quiniela: cando cres que vai rematar isto? (o que máis se acerque ganará un phoskito)

En China levan máis de dous meses, e son un país comunista, acordoaron o foco principal...
Muito me temo que até xuño nada

até xuño de cuarentena??

de medidas si, non sei se co confinamento incluído

pois a ver se ganas o phoskito

espero que non, pero se non comereino chorando

na, quita isto último que non se entende sen o meu gheto hahaha

é que comer chorando ou chorar bailando é un rollo que me fai muita graza


(vídeo por imbéciles e escuros)


Para máis leo, entra no seu bandcamp

No hay comentarios: